Dedicado a los especialista del sector
Su especial dedicación al producto, hace destacar los resultados obtenidos
Acto inaugural Galicia Fórum Gastronómico 2025
Hitoria e orixe del Latte Art
Karen Quiroga ha sido 1ª Latte art Campeona Nacional Sca 2017; 3ª Aeropress Spain 2019; 1ª Latte Campeona Nacional Fórum 2021; es Sommelier del té y formadora de Café Dromedario
Un menú con produtos galegos de calidade. Ponlles cara en experienciasdecalidade.gal
Este chef de Silleda xestionou cociñas durante máis de 25 anos e ten gran ex-periencia no sector. Actualmente presenta o programa “A voltas co prato” en TVG e ten publicado un libro co mesmo no-me.
Promueve Consellería do Medio Rural – Axencia Galega da Calidade Alimentaria
A cociña coruñesa que vén: como nunha taberna
Foi o seu pai o que lle suxeriu que estudase cociña que cursou no Centro Superior de Hostalería. Traballou e aprendeu con Eduardo Pardo, con Eneko Atxa en Azurmendi de Bilbao, e en El Bullo en Sevilla, entre moitos outros. Tras 20 anos de traxectoria decidiu abrir a súa propio local xunto á súa Viviana, que oficia na sala, a Taberna Triay, na zona de viños da Coruña, onde reivindican a herdanza das tabernas e as casas de comidas.
A excelencia nunha cociña de produto
Formado academicamente no Centro Superior de Hostalería de Galicia e tras crecer como cociñeiro nos fogóns de restaurantes de Francia, País Vasco, Valencia e, en Casa Marcelo de Santiago, decidiu abrir o seu propio restaurante, Indómito. Situado no centro de Santiago de Compostela, Indómito ofrece unha carta que cambia constantemente formada por pratos de cociña de mercado, a base de produtos locais da máis alta calidade.
Coctelería de proximidade. Herbas silvestres
Innovar a cociña tradicional asturiana
Quinta xeración nos fogóns, Marcos Moran practica unha cociña contemporánea baseada na gastronomía tradicional, na que manda o produto e o protagonismo sempre está dentro do prato. Con 1 estrela Michelin, está á fronte de Casa Gerardo, situado en Prendes, onde ofrece ao comensal o mellor que lles dá a horta, o mar e a terra asturiana, elaborando grandes clásicos “a mellor fabada e crema de arroz con leite do mundo”.
Concepto Torto. Calidade e diversión non son incompatibles
Natural de Guimarães, José foi elixido Mellor Bartender Portugués en 2019 polo World Class Portugal. A súa carreira foi un camiño ascendente desde os seus inicios como bar manager no Torto, onde tivo a oportunidade de formar e liderar un talentoso equipo que contribúe diariamente ao crecemento da marca. Actualmente, José é copropietario e o mentor detrás deste emocionante proxecto, continuando co seu impulso para levar ao Torto a novos niveis na escena da coctelería.
O Torto gañou en dúas ocasións o premio ao Mellor Equipo de Bar no Lisbon Bar Show, foi elixido Bar do Ano polos premios Mesa Marcada e, máis recentemente, logrou o prestixioso recoñecemento ao ingresar no 50 Best Discovery.
Un dos bares de referencia na coctelería portuguesa explica a súa fórmula para combinar a aceptación dun público masivo sen menoscabo de elaboracións baseadas no concepto.
Viaxe de sabores: O encontro entre o Mar e a Terra
Rita iniciouse moi novo cun curso de cociña en Coimbra. Entón deuse conta do seu gusto pola alta cociña, onde a excelencia e o alcanzar a perfección son primordiais. A súa experiencia profesional inclúe locais de renome como Vila Vita Parc, Antiqvvm e Blind, restaurante do que actualmente é xefa de cociña e onde ten a oportunidade de traballar co experimentado chef Vitor Matos. Esta viaxe valeulle recentemente o premio "Young Chef Award" da Guía Michelin 2024. Rita Magro defende o «sentir, tocar e provocar» coa comida e, para ela, o sabor está por encima de todo.
A cociña do mar no El Celler de Can Roca
Con tres estrelas Michelin, El Celler de Can Roca foi elixido en dúas ocasións como Mellor Restaurante do Mundo na listaThe World 50 Best Restaurants. Joan Roca lidera xunto aos seus irmáns Josep, mellor sumiller do mundo, e Jordi, uns dos grandes cociñeiros de sobremesas, un dos restaurantes de maior prestixio internacional. A súa cociña harmoniza os sabores tradicionais coas técnicas modernas, froito dunha continua investigación comprometida coa innovación e a creatividade.